Hoxe publícase a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades.
ANEXO I:
Grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades pechados a incorporación de novas solicitudes.
ANEXO II:
Reapertura de listas de grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades que se indican.
ANEXO III:
Grupos, categorías, corpos, esca las e especialidades que se encontran abertas e nas cales as persoas interesadas poderán presentar solicitude de inclusión no período comprendido entre o 1 de marzo e o 30 de abril deste ano.
ANEXO IV:
Grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades pechadas e nas que soamente se poderán inscribir:
- Aquelas persoas que, para a lista correspondente, superasen algunha proba do último proceso selectivo do grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade, ou
- Aquelas persoas que teñan prestado servizos na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou en entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que teñan publicadas relacións de postos de traballo para a lista correspondente a ese grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade.
O estado, aberto ou pechado para a incorporación de novas solicitudes, no que se atopa cada lista poderá consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, punto de <Listas de contratación>.:
https://www.xunta.gal/funcion-publica/contratacion-temporal/informacion-xeral