Con retraso, FEGAMP e as catro organizacións sindicais máis representativas no ámbito da administración local constituímos o FORO DE DIÁLOGO na reunión celebrada o 25 de febreiro de 2022.
Non hai avance ningún sobre criterios de desenvolvemento da Lei 20/2021 de redución da temporalidade
A Presidencia da FEGAMP entrega dous documentos relativos as materias que se acordara tratar neste Foro: recollida de datos para elaborar un mapa de temporalidade nos entes locais de Galicia e un documento base sobre Plans de igualdade. Explicásenos que o Informe sobre temporalidade está elaborado con datos parciais xa que só 88 dos 313 concellos de Galicia responderon á petición de facilitar información sobre a situación da temporalidade do seu persoal a pesares de que se lles fixeron varios chamamentos ao respecto; aínda así, maniféstanos a preocupación dos concellos polo proceso de estabilización que teñen que abrir e salienta que son moitos os que acoden á FEGAMP para que lle resolvan dúbidas ao respecto. Completan a intervención reiterando a vontade da Federación de Municipios para poñer en marcha o FORO pero manifestando dúbidas sobre que se poida elaborar un acordo marco para que sexa aceptado polo conxunto dos concellos de Galicia. Ao tempo que constatou que son moitos os concellos que chaman á FEGAMP con dúbidas sobre o proceso de estabilización.
Nas sucesivas intervencións dende as vicepresidencias (PSOE, PP e BNG) da FEGAMP, púxose de manifesto a preocupación de todos os concellos pola posta en marcha dos procesos de estabilización, os criterios de prazas a incluír, os requisitos para participar e os baremos a aplicar.
UGT puxo en valor as reiteracións de petición de datos e o traballo dos técnicos para poder elaborar o informe de temporalidade, que resulta pouco representativo, e o documento de modelo base para os plans de igualdade (pedimos prazo para alegacións), non obstante puxemos de manifesto que falta o documento base sobre teletraballo que considerou incluír na pasada reunión.
Dende UGT transmitímoslle ao presidente da FEGAMP exemplos de procesos de negociación con acordos marcos vinculantes entre sindicatos, e mesmo gobernos autonómicos que constituíron unha Comisión de coordinación coa representación dos entes locais para aplicar a Lei 20/2021 de redución da temporalidade. Mesmamente nesta materia, na Comisión de emprego estatal participa o Ministerio, as Comunidades autónomas e a FEMP, e traballan en criterios e recomendación sobre os procesos de estabilidade. As reunións do Ministerio coas organización sindicais tamén traballa sobre a demanda de criterios e recomendacións como se fixo cos procesos de estabilidade 2018-2020.
En relación coa constitución formal do FORO DE TRABALLO, solicitamos queden claramente reflectidas a finalidade e función do mesmo e a necesidade de facer público o acordado a cada un dos 313 concellos con un ofrecemento explícito de colaborar e dar orientación e criterios básicos os concellos. A FEGAMP asume a difusión na web e a comunicación os Concellos.
As organizacións sindicais manifestamos o calendario inescusable que establece a Lei 20/21 de publicar oferta antes do 1/06/2022, polo que a primeira recomendación que se ten que transmitir aos concellos é o alcance do artigo 2 e das disposicións adicionais 6ª e 8ª.
A xuntanza de constitución formal do Foro co compromiso de reunirse na segunda semana do mes de marzo.