Sectores

Sanidade admite a UGT que se debe negociar a adaptación do Estatuto Marco á normativa sobre temporalidade


O sindicato denunciou a falta de avance na negociación e insiste na necesidade de abordar unha revisión profunda do Estatuto Marco para responder as necesidades reais do persoal estatutario do Sistema Nacional de Saúde.

O Ministerio de Sanidade recoñeceu a UGT Servizos Públicos que a adaptación do Estatuto Marco do Persoal Estatutario á modificación experimentada polo Real Decreto Lexislativo do Estatuto Básico do Empregado Público (TREBEP), derivada da Lei 20/2021 de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público é materia obxecto de negociación. UGT Servizos Públicos valorou positivamente o cambio de criterio da Administracion aínda que denunciou a falta absoluta de avance do grupo de traballo.

Ana Francés, secretaria de Saúde, Sociosanitario e Depedencia de UGT Servizos Públicos, sinalou que se debe levar a cabo unha revisión profunda do Estatuto Marco, pois non responde as necesidades reais do persoal estatutario. A responsable sindical volveu a esixir hoxe ao Ministerio de Sanidade que ”ademais da ineludible modificación dos artigos 9, 33 e 35 do Estatuto Marco leve a cabo unha actualización normativa máis profunda do texto”.

Na anterior reunión, celebrada o pasado 8 de febreiro con carácter meramente informativo, UGT Servizos Públicos xa rexeitou a proposta da Administración para modificar unicamente os artigos citados do Estatuto: O sindicato sinalou que estas modificacións non servirían para cumprir o obxectivo marcado pola Lei 20/2021: situar a taxa de temporalidade estrutural por baixo do 8% no conxunto das Administracións Públicas Españolas, incluído o sector sanitario público. A organización afeou a falta de negociación real nesta reunión.

Para UGT, a modificación da Lei 55/2003, en materia de temporalidade, debe seguir a liña da Lei 20/2021 (medidas redución temporalidade) e o RDL 33/2021 (Reforma Laboral) para resolver o problema da temporalidade nos sectores públicos e privados do noso país, cumprindo así os compromisos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Entre as propostas que UGT puxo sobre a mesa de negociación cabe destacar:

 

Artigo 9. Persoal Estatutario Temporal:

  • – Apartado 1: unha nova modalidade nos nomeamentos de persoal estatutario temporal para cubrir a xubilación anticipada parcial contemplada no artigo 26.4 do EM.
  • – Apartado 3: unha proposta máis garantista que causalice e limite mellor os supostos susceptibles de utilizar nomeamentos temporais en liña co establecido no artigo 10 do EBEP.

Artigo 33. Selección de Persoal Temporal: Incluír a negociación colectiva na selección do persoal temporal.

Artigo 35. Promoción Interna Temporal: a limitación máxima a 3 anos é consecuente, pero debe verse acompañada doutras medidas que garantan unha adecuada utilización da medida (obrigación de convocar a praza, responsabilidades se se excede o tempo máximo…).

 

Desde UGT Servizos Públicos reiterouse o rexeitamento á proposta de modificación do artigo 9 do Estatuto Marco, xa que non limita o suficiente os nomeamentos de carácter eventual e por tanto, non resolverán o problema da temporalidade nin da precariedade na sanidade pública.

O sindicato lembra que restan tan só pouco máis de catro meses para levar a cabo as adaptacións co fin de evitar o abuso de temporalidade no sector sanitario público. “Urxe chegar a un Acordo entre a Administración e Sindicatos que conformamos o Ámbito de Negociación xa que o tempo corre e dita adaptación normativa require ademais dunha iniciativa lexislativa e a súa tramitación parlamentaria” conclúe a responsable sindical.

 

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.