Sectores

Listas de selección temporal: Relación provisional de admitidos/as e excluídos/as (previsión)


 

Infórmase que está previsto que o xoves 17 de febreiro se publique no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal nas categorías:

  • Enfermeiro/a especialista en enfermaría de saúde mental.
  • Enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo.
  • Enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria.
  • Enfermeiro/a especialista en enfermaría obstétrico xinecolóxica (matrón/a).
  • Enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica.
  • Médico/a de familia.
  • Médico/a de urxencias hospitalarias.
  • Médico/a coordinador/a do 061.
  • Médico/a asistencial do 061.
  • Pediatra de atención primaria.

 

 

Descarga o UGT Informa-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.