Convócanse distintas accións formativas (presencias, telepresenciais e de teleformación) integradas no programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2022, nas áreas que a continuación se relacionan:
-
Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas (41 accións formativas).
-
Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades (29 accións formativas).
-
Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa (12 accións formativas).
-
Lingua galega (3 accións formativas).
-
Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios (9 accións formativas).
-
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo (6 accións formativas).
-
Vicepres. P. e Cons. de Presidencia, Xustiza e Turismo: Prevención de riscos laborais (12 accións formativas).
-
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (8 accións formativas).
-
Consellería de Facenda e Administración Pública (6 accións formativas).
-
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (4 accións formativas).
-
Consellería de Facenda e Administración Pública (6 accións formativas).
-
Consellería de Emprego e Igualdade (1 acción formativa).
-
Consellería de Cultura, Educación e Universidade: Cultura (2 accións formativas).
-
Consellería de Cultura, Educación e Universidade: Educación (9 accións formativas).
-
Consellería de Política Social (7 accións formativas).
-
Consellería de Medio Rural (6 accións formativas).
-
Consellería do Mar (8 accións formativas).
-
Consellería de Sanidade (3 accións formativas).
Poderá participar nas actividades formativas persoal ao servizo de:
Administración pública da Comunidade Autónoma.
Entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia.
Administración de xustiza.
Entidades locais de Galicia.
Administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia
QUE SE ENCONTREN EN:
- Situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade, adopción, acollemento ou excedencia polo coidado dun/a fillo/a ou dun/a familiar)
- Que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II
- EXCEPTUANDO PERSOAL :
-
Docente Consellería de Cultura, Educación e Universidade
-
Escalas dos corpos da policía de Galicia, policía local e bombeiros.
-
SERGAS (non entendendo por tal o persoal da Lei 17/1989)
Prazo: 10 días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.
-
Só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo: https://egap.xunta.gal/matricula
-
Desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.
-
Número máximo de actividades formativas que se poden solicitar: cinco