O certificado expedido pola EGAP que acredite a superación das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia permitirá obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, nos termos previstos no Decreto 218/2011, do 17 de novembro, polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática.
Convócanse 2.000 prazas en accións formativas impartidas na modalidade de teleformación integradas no Plan formativo ofimático de Galicia, que a continuación se relacionan:
– Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base).
– Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2019).
– Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc).
– Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2019).
– Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer).
– Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2019).
– Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress).
– Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (Microsoft Office 2019).
– Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (GNU/Linux Debian 9).
- Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (contorno Windows 10).
Requisitos dos participantes:
- Poderá participar nas actividades formativas persoal ao servizo de:
- Administración pública da Comunidade Autónoma.
- Entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia.
- Administración de xustiza.
- Entidades locais de Galicia.
- Administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia.
- Que se encontre en:
- Situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade, adopción, acollemento ou excedencia polo coidado dun/a fillo/a ou dun/a familiar)
- Que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II
- Exceptuado o persoal:
- Docente Consellería de Cultura, Educación e Universidade
- Escalas dos corpos da policía de Galicia, policía local e bombeiros.
- SERGAS (non entendendo por tal o persoal da Lei 17/1989)
Solicitudes
- Prazo: 10 días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG
- Só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo: https://egap.xunta.gal/matricula
- Desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.
- Número máximo de actividades formativas que se poden solicitar: tres.