AVISO DE REINCORPORACIÓN DO PERSOAL DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS FIXO DESCONTINUO DE 9 MESES
A Consellería do Medio Rural remitiu o pasado día 26 un correo electrónico ás organizacións sindicais no que informa o seguinte:
“Comunícolle que, o persoal adscrito ao Servizo de Prevención de Incendios Forestais que ocupa prazas da RPT desta consellería, determinadas coa observación «LABORAL FIXO-DESCONTINUO», (9 meses) reiniciarán a súa actividade laboral o vindeiro 1 de febreiro de 2022.”
Acatando a que a competencia de autoorganización lle corresponde á Administración, porque así o marca a norma, a Consellería non faría nada demais se en lugar de enviar un aviso con 5 días de antelación, esa comunicación se realizase co tempo suficiente que permitise ao persoal coñecer estas novidades que lle afectan a súa vida persoal.
UGT Servizos Públicos dirixirá unha queixa formal á Secretaría Xeral Técnica co fin de que se arbitre unha temporalización mínima a que deberá axustarse a futuro non só a reincorporación deste colectivo senón tamén o do persoal de 6 meses, de reforzo de campaña, mentres ambos colectivos segan coexistindo co persoal de todo o ano.
Unha vez máis UGT Servizos Públicos reclama coñecer a reestruturación das brigadas, que previsiblemente a Consellería está a artellar, co fin de poñer luz sobre a reconversión do persoal de 9 meses en persoal de todo o ano. Do mesmo xeito requirimos saber que previsións se manexan para o aumento de tempo de traballo do persoal de reforzo de 6 meses, cuestión que sen dúbida permitirá mellorar as labores preventivas e de extinción competencia da Consellería.
RESOLUCIÓN SECRETARIA XERAL TÉCNICA REINICIO ACTIVIDADE LABORAL FIXOS DISCONTINUOS (9 MESES)