Sectores

Apertura do cambio ordinario de entidade sanitaria en MUFACE

 
  

Lembrámosvos que durante este mes de xaneiro, os mutualistas e beneficiarios poden solicitar o cambio ordinario de Entidade. Os titulares que non soliciten un cambio continuarán adscritos á entidade que lles viña prestando asistencia médica. Pódese facer un só cambio entre diferentes entidades sanitarias privadas ou un cambio dunha entidade privada ao sistema público de saúde ou viceversa.
 
A solicitude debe realizarse seguindo as instrucións publicadas por MUFACE aquí. Tamén podes poñerte en contacto coa delegación de MUFACE máis cercana.
 
Coma sempre se tes algunha dúbida ou precisas axuda  podes contactarnos a través do liberado da túa zona ou escribíndonos ó correo ensino.galicia@ugt-sp.ugt.org
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.