UGT Servizos Públicos asinou, xunto a FSIE, USO, CCOO e as organizacións patronais do sector, o XI Convenio Colectivo de Ensino Privado sen ningún nivel concertado ou subvencionado.
O convenio, que moderniza o marco laboral deste sector para o próximos tres anos, contempla o incremento das retribucións salariais nun 5,5%: o 1,5% con carácter retroactivo desde o 1 de setembro de 2021; un 2 % a partir de 2022 e outro 2% en 2023.
O texto recolle un maior número de dereitos sociais e unha regulación dos permisos retribuídos, unha nova excedencia para vítimas de violencia de xénero, a proposta de reserva pactada na excedencia voluntaria ou a creación dunha comisión técnica onde se traballarán distintos asuntos para mellorar o convenio e que está integrada polos asinantes do convenio.
Ademais, inclúese un artigo sobre a xubilación forzosa e a posibilidade da acumulación da xubilación parcial, e modifícase a redacción do de vixilancia de comedor e transporte.
UGT valora este acordo porque recolle numerosos aspectos identitarios do noso sindicato, que supoñen melloras nas condicións laborais dos traballadores.