Sectores

Comisión Negociadora XVI CCG de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade. 2ª parte


O pasado 16 de decembro celebrouse reunión da Mesa Negociadora do XVI Convenio Colectivo Xeneral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade.

UGT e CCOO o día anterior, enviamos un documento con propostas que consideramos importantes para a negociación do convenio.

Manifestamos a necesidade de incluír novos perfís profesionais que actualmente non se recollen como: Orientadores Educativos, Especialistas en Lingua de signos (asesores xordos) e o mediador comunicativo entre outros. Respecto, ao perfil de Intérprete de Lingua de Signos manifestamos que debe estar incluído no persoal complementario titulado.

En canto a contratación, propuxemos establecer un límite nos contratos temporais e, unha maior estabilidade contractual así como, priorizar de maneira clara nos postos de traballo vacantes aos traballadores do propio centro.

Rebaixar a xornada dos traballadores de todos os ámbitos do convenio, eliminar a referencia semanal, os traballadores con 63 anos cumpridos e con 15 anos de antigüidade poidan reducir de maneira voluntaria a súa xornada nun 10%.

Propuxemos unha serie de melloras sociais como 3 días de asuntos propios, a redución dos Kms. cando hai que facer un desprazamento, reserva do posto de traballo dun ano na excedencia voluntaria, creación da excedencia por vítimas de violencia de xénero, aumento da bolsa de horas para as familias numerosas, xubilación parcial para os traballadores maiores de 55 anos ou prexubilación para os traballadores maiores de 60 anos, así como a acumulación da xubilación parcial a pedimento do traballador ou traballadora, que ademais dos 14 festivos estipulados, considéranse os días 24, 31 de decembro e 5 de xaneiro como festivos, que aumente o importe do complemento por festivo, nocturnidade, etc.

Fixemos igualmente propostas referentes á inclusión dunha cláusula de revisión salarial directa, por subida do SMI, así como fixar as novas táboas salariais nun prazo máximo de tres meses desde o BOE dos Orzamentos Xerais do Estado para os centros educativos.

En canto ás retribucións, lembramos que os incrementos salariais xa quedaron pactados no XV Convenio Colectivo. Propuxemos para o ano 2025, un nivel (N3) de complemento de desenvolvemento profesional nunha contía dun 5,5%.

UGT Servizos Públicos volveu manifestar a necesidade de corrixir, no novo convenio colectivo, o artigo 29.2. UGT sempre defendeu unha táboa salarial única para todos os Centros Especiais de Emprego independentemente da tipoloxía do mesmo. Dita táboa salarial debería ser a máis alta posible, é dicir, igualando o salario por arriba, ben coa do sector, ben coa do convenio da Discapacidade se esta fose a máis alta como ocorre nalgúns ámbitos.

Na reunión, a patronal  AEDIS realizou unha proposta salarial que as organizacións sindicais valoramos inicialmente como insuficientes. Reiteramos a necesidade de negociar salarios e o resto de cuestións do convenio de maneira conxunta.

UGT Servizos Públicos seguirá defendendo a necesidade de mellorar o Convenio Colectivo na súa globalidade: salarios, resto de cuestións do articulado e coa mellor redacción posible para beneficio de todos os traballadores afectados polo Convenio Colectivo Xeneral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade.

Comisión_Negociadora__XVI__CCG_de_centros_e_servizos_de_atención_a_persoas_con_discapacidade.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.