Sectores

Consello Reitor da EGAP

Logo da exposición da Directora sobre a programación do ano 2021 e a planificación prevista para o ano 2022, expuxemos as seguintes consideracións:

En primeiro lugar manifestamos o agradecemento por tomar en consideración as propostas de accións transversais realizadas por esta organización.

En segundo lugar, trasladamos as queixas recibidas, polo persoal empregado público a esta organización,ao respecto da escasa ou nula formación en determinadas áreas de Consellerías a de Medio Rural e a de Política Social.

Entendemos que parte da formación do persoal do Servizo de Incendios de Medio Rural, desenvolvese a través da AGASP, si ben é certo que non coa cantidade que consideramos necesaria.

Por outro lado o anuncio realizado pola Consellería da posta en marcha do macro centro de formación é aínda un anuncio e polo tanto quedará moito tempo para poder verse transformado nunha realizade.

Atendendo a estas dúas consideracións, UGT Servizos Públicos considera que a EGAP debería ter atendido ao inicio da impartición de módulos integrados no Certificado de Profesionalidade de Operacións de Vixilancia e Extinción deI ncendios Forestais e Apoio a Continxencias no Medio Natural e Rural, posto que hai módulos de carga teórica susceptibles de impartirse a través de accións formativas da Escola Galega de Administración Pública.

Polo que respecta á Consellería de Política Social, entendemos que os centros asistenciais volven novamente a quedar sen atender nos requirimentos feitos, pese a que si se incluíron novas accións formativas.

Trasladamos a opinión que os participantes nas accións formativas de preparación da promoción internan os fixeron chegar no sentido de que o cambio realizado considerase satisfactorio.

UGT requiriu saber, ao respecto da teleformación, si a rebaixa na esixencia para a superación dos cursos,tivo o efecto desexado ou ben se ten pensado pola contra en situar os parámetros nas niveis esixidos con carácter xeral.

Ao respecto das accións formativas no ámbito da igualdade, felicitamos, polo número de edicións e polos contidos, que se desenvolven de forma atractiva, sinxela, dinámica e cunha actualización teórica e normativa correctas.

Para pechar a intervención, formulamos as seguintes cuestións que consideramos pendentes:

1. Maior transparencia no catálogo de docentes e procedemento de inclusión no mesmo.

2. Atender á programar accións de reciclaxe. Xa se expuxo en ocasións anteriores por esta organización, e seguimos a considerar que é necesario que a EGAP atenda a esta cuestión, o que facilitaría una formación máis dinámica.

3. A elaboración de temarios, sabendo que é unha tarefa que pode entrar en colisión con interesese xternos, tamén é certo que centrada na quenda de promoción interna, virá a complementar as accións de acompañamento que xa están implementadas.

4. Por último unha cuestión que si ben non ten que ver coa práctica formativa, si o ten coa súa organización, tal é a necesidade, cando menos aparente, de que si como ano a ano se vai incrementando a carga lectiva e polo tanto a carga de traballo para o persoal da EGAP, semella lóxico realizar unha modificación da súa RPT, que atenda ao incremento necesario de persoal que permita dotar de maior eficacia á Escola.

Informa_t_Consello_Reitor_17_12_21.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.