Hoxe tivo lugar a Comisión de Seguimento do Acordo de 2ª actividade dos Bombeiros Forestais, da que forma parte UGT como sindicato asinante. Na mesma deuse conta dos criterios e prazas que se ofertarán á segunda actividade para tódalas categorías de Bombeiro Forestal a partir da publicación no DOG (primeira semana de xaneiro) ata o día 31 e destinado tanto a traballadores fixos como temporais.
Criterios solicitude:
-
Ter cumpridos ou cumprir 60 anos no ano 2022.
-
Compromiso de xubilación na idade legalmente establecida.
-
Para os efectos do pase á segunda actividade, os interesados terán que solicitar no modelo correspondente:
-
Os postos de traballo que figuran no Anexo dos centros situados dentro da súa comarca de adscrición, sempre que cumpran os requisitos específicos do posto de traballo.
-
De non haber postos dentro da súa comarca, poderán:
-
solicitar o pase á segunda actividade para realizar tarefas preventivas ou de apoio loxístico,
-
se ben tamén poderán pedir voluntariamente postos do referido anexo situados noutras localidades e,
-
incluso, adscrición a comarcas ou distritos distintos daquel no que prestan servizos.
-
-
-
Para os efectos de resolver as adscricións a segunda actividade, terán preferencia:
-
Os/as que teñan destino definitivo no mesmo ámbito.
-
Os/as que teñan destino provisional.
-
E por último, os solicitantes que teñan o destino definitivo noutro ámbito.
-
No caso de empate dentro dos integrantes de cada un dos tres grupos sinalados anteriormente, terá preferencia na localidade:
-
o/a que teña mais antigüidade e
-
se persiste o empate resolverase a prol do que teña maior idade.
Informa_t_reunion_comision_seguemento_segunda_actividade_17_12_2021.pdf