Sectores

UGT Servizos Públicos asina o Preacordo do XI Convenio Colectivo de Ensino Privado sen ningún nivel concertado


UGT Servizos Públicos asinou xunto a FSIE, USO, CCOO e as organizacións patronais do sector, o preacordo sobre o que sentarán as bases do futuro Convenio Colectivo do Ensino Privado sen ningún nivel concertado ou subvencionado.

O preacordo consta de 9 puntos básicos que moderniza, de forma estrutural, o articulado para definir o marco laboral do Ensino Privado sen ningún nivel concertado ou subvencionado para o próximos tres anos. Son os seguintes:

  • Ámbito temporal: vixencia ata o 31 de decembro de 2023.
  • As retribucións salariais veranse incrementadas durante a vixencia dos tres anos do convenios nun 5,5%, distribuídos da seguinte maneira:
  • Desde o 1 de setembro de 2021: 1,5%.
  • Desde o 1 de xaneiro de 2022: 2 %
  • Desde o 1 de xaneiro de 2023: 2 %

Os efectos económicos serán con efectos retroactivos desde o 1 de setembro de 2021.

  • Máis dereitos sociais e unha regulación dos permisos retribuídos.
  • Nova excedencia para vítimas de violencia de xénero
  • Proposta de reserva pactada na excedencia voluntaria.
  • Creación dunha Comisión Técnica onde se traballarán distintas temáticas para mellorar o convenio. A comisión estará formada polos asinantes do convenio.
  • Inclúese un artigo da xubilación forzosa.
  • Inclúese a posibilidade da acumulación da xubilación parcial.
  • Modifícase o redactado do artigo de Vixilancia de comedor e transporte.

UGT Servizos Públicos valora este preacordo ao recollerse numerosos aspectos identitarios de UGT, que supoñen melloras das condicións laborais dos traballadores.

Finalmente, UGT Servizos Públicos poñerá os medios necesarios para levar a termo a negociación concluíndo da maneira máis áxil posible o XI Convenio Colectivo do Ensino Privado sen ningún nivel concertado ou subvencionado.

UGT_asina_o_preacordo_do_convenio_de_ensino_privado_non_concertado.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.