Publicada a Resolución de apertura de novas listas de contratación para as escalas de persoal de servizos xerais (PSX) e de xerocultor/a (subgrupo C2). e ante as dúbidas formuladas sobre as listas anteriores que estaban en provisional recordamos o seguinte:
Solicitantes en listas de PSX e Xerocultor/a da Resolución do 07/03/ 2019:
- Están exentas de presentar a solicitude, e de aboar as taxas.
- As persoas que figuran incluídas na listaxe que está publicado en:
http://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_li05/li05_principal.jsp
- Poderán desistir da solicitude anterior mediante escrito dirixido á Función Pública con anterioridade á publicación das listas definitivas.
- No suposto de que se presenten varias solicitudes para a inclusión nas listas dunha mesma escala, só se terá en conta a última.
Toda a información a podes consultar no seguinte enlace:
https://www.xunta.gal/funcion-publica/contratacion-temporal/xeracion-de-solicitudes
Enlace á solicitude de inclusión:
https://www.xunta.es/listas/menu.jsp
Devolución de taxas:
- As persoas que desistan formalmente da solicitude conforme a Resolución do 7 de marzo de 2019, con anterioridade á publicación das listas definitivas, poderán solicitar en calquera momento do procedemento a devolución das taxas
- Enlace á descarga do documento de devolución de taxas:
https://www.xunta.gal/funcion-publica/contratacion-temporal/xeracion-de-solicitudes