Sectores

Aberta a convocatoria para participar no programa de profesorado visitante


Ata o 21 de decembro estará aberto o prazo para participar no programa de Profesorado Visitante.
 
Ofértanse  623 prazas en países como Estados Unidos, Canadá, Emiratos Árabes Unidos e Irlanda. Velaquí os requisitos específicos necesarios.
 
Se che interesa traballar no exterior pero non es funcionario ou non tes tempo para preparar probas, esta pode ser a túa opción. O proceso selectivo céntrase no teu currículum e nunha entrevista persoal.
 
Para comezar debes inscribirte na sede electrónica do ministerio e completar o teu CV en Profex
 
 
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.