Sectores

Xornadas de formación: Desenvolvemento curricular da LOMLOE. Perspectivas da nova formación profesional.


En colaboración con Escola viva, UGT Servizos Públicos convídavos a participar nas xornadas de formación: Desenvolvemento curricular da LOMLOE. Perspectivas da nova formación profesional.

O vindeiro venres 10 e sábado 11 de decembro celebraremos, no CIFP A Xunqueira, estas xornadas recoñecidas con 10 horas de formación.

Contaremos coa participación da Secretaria Xeral de FP Clara Sanz López a cargo da poñencia «A nova FP» e a do Deputado Guillermo Meijón Couselo que presentará «Enfoque histórico do ensino».

Tamén participarán no debate Antonio Vázquez Vázquez(ex-director xeral de FP),  José Manuel Leis Blanco(ex-director CIFP de Santiago), Manuel Hermo Piñeiro(director CIFP Carlos Oroza), Miguel Carballa González(director IES Montecelo) e David Alvariño Pérez(director IES Frei Martín Sarmiento).

Para máis información ou solventar dúbidas podedes dirixirvos a ensino.pontevedra@ugt-sp.ugt.org

Programa_das_Xornadas.pdf
Inscripción.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.