Sectores

Plan de Formación continuada para o último trimestre de 2021


 

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2021, conxunta da Dirección Xeral de Recursos Humanos e da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, pola que se publica a convocatoria do Plan de formación continuada para o último trimestre do ano 2021.

 

A Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (Acis), creada polo Decreto 112/2015, do 31 de xullo, ten como un dos seus fins xerais e obxectivos básicos a xestión da formación no Sistema público de saúde de Galicia.

 

A Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde ten atribuídas as súas funcións polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, entre elas o deseño e a execución das políticas de persoal do organismo autónomo e a colaboración no plan anual de formación do persoal do organismo.

 

Por outra banda, correspóndelle á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde a negociación do contido do plan coas organizacións sindicais, así como a negociación e a aprobación dos criterios de selección dos participantes nas distintas actividades formativas.

 

Este plan foi realizado pola Acis, en colaboración coa Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, e aprobado no Consello de Formación Continua, composto por representantes do Servizo Galego de Saúde, da Acis e das organizacións sindicais CIG, CC.OO., UGT e CSIF, asinantes do acordo de formación continuada.

 

Como resultado da especial situación derivada da pandemia provocada pola COVID-19, no seo do Consello de Formación Continua do Servizo Galego de Saúde apróbase o Plan de formación para o ano 2021, composto por actividades formativas nas modalidades de autoformación, teleformación e telepresenza, e a súa convocatoria publícase coa Resolución do 21 de xaneiro de 2021, conxunta da Dirección Xeral de Recursos Humanos e da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (DOG núm. 20, do luns 1 de febreiro).

 

Así mesmo, e en previsión de que as circunstancias e as restricións derivadas da pandemia puideren mellorar, acordouse a convocatoria de actividades presenciais para o último trimestre do ano.

 

Por todo iso, e coa finalidade de lle dar á formación a continuidade adecuada que a faga realmente efectiva, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, tras o informe favorable das centrais sindicais CIG, CC.OO., UGT e CSIF, xunto coa Xerencia da Acis, resolve facer pública a convocatoria para participar nas actividades formativas do Plan de formación continua do persoal do Servizo Galego de Saúde para o último trimestre do ano 2021, elaborado no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas (Plan AFEDAP), que se deberá resolver de acordo coas bases publicadas na Resolución do 21 de xaneiro de 2021, conxunta da Dirección Xeral de Recursos Humanos e da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (DOG núm. 20, do luns 1 de febreiro).

 

Na páxina web da Acis publicaranse todos os datos precisos das accións formativas que se convocan nesta resolución.

 

                              Listaxe de actividades formativas

Captura de pantalla 2021 10 21 121605

 
 
 
                                   ACCEDE Á RESOLUCIÓN
 
 
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.