Sectores

Publicación en DOG da relación provisional de persoas excluidas listas decreto 37/2006


 

Resolución do 6 de outubro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a relación de persoas excluídas con carácter provisional das listas únicas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario de determinados corpos, escalas ou especialidades, resultantes da transformación de oficio de listas das categorías profesionais laborais equivalentes, ao abeiro do establecido no artigo 4.2 e 3 da Orde do 20 de xullo de 2021

Esta resolución dítase para dar cumprimento ao establecido no artigo 4.2 da Orde do 20 de xullo de 2021 que dispón que cando fose necesario crear novas listas de natureza funcionarial para cuxa inclusión se requira a mesma titulación xenérica ou específica que a exixida para o acceso ás listas da categoría profesional laboral funcionarizada declarada equivalente, a Administración poderá transformar de oficio as listas da categoría laboral correspondente en listas de persoal funcionario do corpo, escala ou especialidade declarada equivalente.

Como consecuencia do establecido no devandito artigo para realizar a transformación de oficio de determinadas listas de categorías profesionais laborais en listas de persoal funcionario do corpo, escala ou especialidade declaradas equivalentes, cómpre comprobar que nas persoas integrantes destas novas listas concorren os requisitos legais exixidos para ser admitidas nelas.

Nesta relación provisional figuran exclusivamente os solicitantes admitidos/as nas listas das categorías profesionais laborais que lles corresponde figurar excluídos nas listas de postos de persoal funcionario equivalentes porque non cumpren os requisitos legalmente exixidos para a súa inclusión nelas.

As causas de exclusión por esta razón son:

Ter acadado a idade de xubilación forzosa (41) e non ter nacionalidade española nin cumprir as condicións establecidas no artigo 52.1 da Lei 2/2015 (61).

As persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles para subsanar a causa de exclusión achegando reclamación ante a Comisión Permanente, acompañada de documentación xustificativa que estimen oportuna.

Os corpos e escalas a que se refire esta resolución son os seguintes:

GRUPO

DENOMINACION

A1

Escala de facultativos. Especialidade medicina

A1

Escala de facultativos. Especialidade psicoloxía

A1

Escala de facultativos. Especialidade pedagoxía

A2

Escala técnica de facultativos. Especialidade enfermería

A2

Escala técnica de facultativos. Especialidade educadores

A2

Escala técnica de facultativos. Especialidade fisioterapia

A2

Escala técnica de facultativos. Especialidade traballo social

A2

Escala técnica de facultativos. Especialidade terapia ocupacional

B

Escala de de axentes técnicos facultativos. Especialidade xardín de infancia

C2

Escala de auxiliares de clínica

As listas dos corpos e escalas referenciados procederán da funcionarización das listas de persoal laboral temporal das seguintes categorías equivalentes:

  • I-2 (titulado superior médico/a e outras)
  • I-6 (titulado superior psicólogo/a e outras)
  • I-11 (titulado superior pedagogo/a e outras)
  • II-2 (ATS e outras)
  • II-6 (Educador/a…)
  • II-11 (fisioterapeuta)
  • II-17 (asistente social)
  • II-20 (terapeuta ocupacional)
  • III-50 (técnico/a especialista en xardín de infancia)
  • IV-3 (auxiliar de clínica)

 

 

Informa_t_publicacion_listaxe_provisional_excluidos_homologacion_por_funcionarizacion_08_10_21.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.