Sectores

OPE 2018: Corpo de xestión A2 escala técnica estatísticos. Convocatoria 2º exercicio


 

Publicada hoxe en DOG a Resolución do 14 de setembro de 2021, do tribunal do proceso selectivo do corpo de xestión, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo:

 

  • Día: 30 de setembro de 2021
  • Chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas
  • Lugar: aula 6 da Escola Galega de Administración Pública (Rúa Madrid, 2- 4, As Fontiñas, Santiago de Compostela).

 

As persoas aspirantes deberán ir provistas de:

  • DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal e bolígrafo de tinta azul.

 

Os aspirantes serán provistos de calculadora polo tribunal e quedará prohibido o uso de calculadoras distintas daquelas que se lles faciliten.

 

Non se permitirá o acceso ao recinto en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

 

Informa_convocatoria_2_exame_22_09_21.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.