Sectores

Modificación RPT do FOGGA


 

O luns 6 de setembro fomos convocados a unha xuntanza na sede do FOGGA co obxecto de tratar a modificación puntual da súa RPT en vigor desde maio de 2012 (DOGA Nº99, do 25 de maio de 2012) “abrindo” o posto de SECRETARIO/A (libre designación nivel 30) pasando de Administración Xeral a Administración Xeral/Especial.

 

En principio un asunto de trámite que sen embargo formúlanos unha serie de dúbidas que non foron suficientemente aclaradas por parte da Secretaría do referido organismo e que pasamos a comentar:

 

Na memoria funcional que se nos fai chegar ás OOSS exponse sobre a “adecuación da configuración da praza de Secretaria/o Xeral do FOGGA ás funcións que debe desenvolver a persoa que ocupe ese posto, e que está condicionado polas necesidades específicas deste posto derivadas da nova Política Agraria Común e o novo escenario que se contempla nesa regulación (sic)”.

 

Non fomos quen de conseguir por parte das persoas representantes da Administración un argumento máis concreto e elaborado de cales son esas necesidades específicas derivadas do novo escenario da PAC, que sabemos existen, pero que en todo caso desde a perspectiva puramente de xestor/a de fondos comunitarios (que son as que ten asignadas a secretaría do FOGGA como ben se recolle no artigo 29 dos seus estatutos) parece que estarían xa suficientemente cubertas, sen renunciar evidentemente aos axustes técnicos necesarios a niveis inferiores para dar resposta axeitada.

 

De feito e seguindo coa argumentación defendida por UGT, si é imperativo abrir o posto á Administración Especial polas demandas de xestión de carácter comunitario coa nova PAC, sería lóxico que a apertura fose acompañada de algún tipo de requirimento formativo, específico ou complementario que permita implementar na nosa Comunidade unha PAC mais xusta, social e sostible, cun marcado enfoque medioambiental.

 

Desafortunadamente non se contempla e así quedou dito na xuntanza requirir ningún tipo de especificidade formal para o posto polo que o argumento forza da Administración dilúese: máis ben parece que a apertura proposta ten unicamente vocación de recompensa laboral e económica para algún/ha afortunado/a destinatario/a.

 

Estaremos vixiantes e seguiremos con interese moi especial os futuros movementos e nomeamentos no FOGGA.

 

Seguiremos informando!

Informa_t_reunion_SXT_modificacion_07_09_2021.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.