Sectores

Funcionarización bombeiros/as forestais: Resolución de convocatorias dos procesos


 

Publicadas hoxe as Resolucións de convocatoria de funcionarización do persoal do SPIF das seguintes especialidades e escalas:

Bombeiro forestal xefe de brigada, do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, do persoal laboral fixo pertencente á categoría 100 do grupo III (bombeiro/a forestal xefe/a de brigada).

 

Requisitos das persoas aspirantes:

  • Ser persoal laboral fixo da Xunta de Galicia da categoría 100 do grupo III (bombeiro/a forestal xefe/a brigada) que ocupe un posto dos establecidos no anexo.
  • Reunir os requisitos xerais establecidos para o acceso aos corpos e ás escalas de administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia. En todo caso, deberán estar en posesión ou en condicións de obter o título de técnico superior en xestión forestal e do medio natural, ou equivalente. Non será necesaria a súa acreditación, dado que esta información se atopa no correspondente expediente persoal das persoas interesadas.
  • Figurar na listaxe de postos do anexo á presente convocatoria.

− O persoal laboral fixo a que se refire a presente resolución de convocatoria será funcionarizado no subgrupo C1 mentres non se desenvolva regulamentariamente o grupo B, segundo se establece na disposición transitoria única do Decreto 165/2019, do 26 de decembro.

− O persoal laboral fixo que teña participado e superado algún dos procesos de promoción interna convocados polas ordes do 18 de setembro de 2017, participará no procedemento de funcionarización desde o grupo e a categoría en que se lle teña adxudicado un destino provisional, segundo figure nas resolucións do 29 de xuño de 2021.

Solicitudes.

  • O persoal laboral fixo que desexe participar no proceso deberá facelo constar no modelo de solicitude que será facilitado gratuitamente na internet.
  • O prazo para formalizar telematicamente as solicitudes será de 20 días hábiles a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.

− A toma de posesión efectuarase con carácter definitivo no mesmo posto que viñese ocupando como persoal laboral.

− O persoal laboral fixo que supere o proceso de funcionarización desde un destino con carácter provisional tomará posesión como persoal funcionario de carreira con ese carácter.

− O persoal laboral fixo que supere o proceso de funcionarización poderá tomar posesión no posto que estaba ocupando en adscrición temporal, sempre que se trate dun posto vacante. Neste caso a toma de posesión será con destino provisional. Terá a opción de escoller tomar posesión no posto que tiña en propiedade ou no posto que ocupe en adscrición temporal.

 

Na Comisión de Persoal do pasado día 6 de agosto, foi sometida a votación a presente Resolución, UGT votou EN CONTRA pola controversia xerada por Función Pública ao introducir como clave na súa decisión de considerar a homologación de Capataz Forestal cun Ciclo Formativo de Grao Medio, o informe que sobre a cuestión puidera evacuar a Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

 

Puxémonos á disposición daquelas persoas que estando en posesión do Título de Capataz Agrícola, nas súas diferentes especialidades, para solicitar ante o Ministerio a equivalencia cunha titulación de Formación Profesional do sistema educativo de Técnico Auxiliar en Agraria, a todos os efectos, que daría acceso á acreditación do requisito para a funcionarización no Subgrupo C1.

 

Escala auxiliar do SPIF do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

 

Relación de categorías do grupos IV e V de persoal laboral da Xunta de Galicia obxecto de funcionarización

 

Captura de pantalla 2021 09 03 092705

 

Requisitos das persoas aspirantes:

  • Ser persoal laboral fixo da Xunta de Galicia das categorías establecidas no anexo I que ocupe un posto dos establecidos no anexo II.
  • Reunir os requisitos xerais establecidos para o acceso aos corpos e ás escalas de administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia. En todo caso, deberán estar en posesión ou en condicións de obter a titulación académica de graduado/a en ESO ou equivalente. Non será necesaria a súa acreditación, dado que esta información se atopa no correspondente expediente persoal das persoas interesadas.
  • Figurar na listaxe de postos, para cada corpo ou escala, do anexo II á presente convocatoria.

− O persoal laboral fixo que teña participado e superado algún dos procesos de promoción interna convocados polas ordes do 18 de setembro de 2017, participará no procedemento de funcionarización desde o grupo e categoría en que se lle teña adxudicado un destino provisional, segundo figure na resolución do 29 de xuño de 2021.

− No caso de que se lle teña adxudicado máis dun destino provisional e así figure no anexo de postos, o persoal laboral fixo unicamente poderá funcionarizarse no destino en que se atope na situación de servizo activo.

Solicitudes.

O persoal laboral fixo que desexe participar no proceso deberá facelo constar no modelo de solicitude que será facilitado gratuitamente na internet.

O prazo para formalizar telematicamente as solicitudes será de 20 días hábiles a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG

 

Resolucions_convocatoria_procesos_03_09_21.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.