Xa se pode consultar o baremo provisional no procedemento de acceso ós corpos catedráticos (agás o a puntuación dos epígrafes 3.2.1 e 3.2.4.)
As posibles reclamacións deben efectuarse no prazo de cinco días hábiles que remataría o 8 de setembro.
A convocatoria prevé que se poden presentar nos seguintes lugares:
- No Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.
- Nos rexistros das xefaturas territoriais da Xunta de Galicia.
- Na secretaría do centro educativo en que presta servizos o persoal aspirante.
- En calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas