Sectores

Aberto o prazo para recoñecemento de novas especialidades para mestres.


Ata o 30 de setembro estará aberto o prazo  para que o persoal docente funcionario de carreira do corpo de mestres poida solicitar o recoñecemento de novas especialidades.

As solicitudes poderán cubrirse na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos https://www.edu.xunta.gal/datospersoais e a continuación deben  presentarse obrigatoriamente  na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Para consultar se reúnes os requisitos para a adquisición de novas especialidades podes consultar o  anexo do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro.

Se necesitas máis axuda atendémoste aquí.

 

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.