Sectores

Consolidación de emprego. Consello de Contas de Galicia: Proceso selectivo subgrupo C2


 

Publicada hoxe, en DOG a Resolución do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo de consolidación de emprego temporal para o acceso a postos de auxiliar administrativo (subgrupo C2) do Consello de Contas de Galicia, convocado polo Acordo da Comisión de Goberno do Consello de Contas do 13 de xullo de 2020 (DOG nº 148, do 24 de xullo).

 

− Convócase ao primeiro exercicio da oposición:

Día: 25 de setembro de 2021.

Horario de chamamento: 9.00 horas

Lugar: Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela situada na avenida Dr. Ángel Echeverri, s/n, 15782, Santiago de Compostela.

 

Os aspirantes deberán ir provistos de:

− DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal

− Lapis do núm. 2

− Goma de borrar.

− Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, reloxos intelixentes, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

 

                 ACCEDE Á RESOLUCIÓN _ www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210901/AnuncioO10-240821-0001_gl.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.