Vén de publicarse a Resolución provisional de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal de corpos docentes de secundaria para o curso académico 2021/22.
O prazo para formular reclamacións ou renuncias contra esta resolución vai dende o 2 de agosto ata o 2 de setembro, ambos incluídos.
As reclamacións formularanse por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mentres que as renuncias se realizarán a través de http://edu.xunta.es/cadp e non resultará necesaria a súa presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia.
No caso de renunciar a todas as listas si se deberá enviar a documentación xustificativa escaneada ao seguinte enderezo electrónico: persoal.secundaria@edu.xunta.gal.