Sectores

Listaxes provisionais: Fondo Acción Social 2020. Persoal Administración Xunta de Galicia


 Listaxes provisionais: Fondo Acción Social 2020. Persoal Administración Xunta de Galicia

Publicada hoxe en DOG a RESOLUCIÓN  pola que se anuncia a exposición das listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas consonte os criterios de repartición do fondo de acción social do exercicio económico 2020, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade para o persoal da Administración da Xunta de Galicia.

O PRAZO DE RECLAMACIÓN contra a resolución provisional dos expedientes ou ENMENDA dos defectos causantes da exclusión provisional, é de 10 DÍAS HÁBILES que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As reclamacións e achega de documentos deberán dirixirse ao director xeral da Función Pública da Consellería de Facenda, no Edificio Administrativo San Caetano, número 1, piso 2º, 15770 Santiago de Compostela a través dos rexistros públicos, oficinas de Correos e demais lugares establecidos no artigo 16.4 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Informa_t_publicacion_FAS_30_07_21.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.