Listas de contratación: Desenvolvemento da Transitoria 2ª. Decreto 37/2006
Publicada hoxe en DOG a ORDE do 20 de xullo de 2021 pola que se desenvolve a disposición transitoria segunda do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.
Esta orde será de aplicación ás listas únicas que se elaboren, ao abeiro da disposición transitoria segunda do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, para a cobertura transitoria de postos reservados a persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e de entidades públicas instrumentais do sector público autonómico incluídas no artigo 45.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia
Exceptúanse desta regulación as listas para a cobertura temporal de postos dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais que serán obxecto de ordenación específica.
O prazo de presentación de solicitudes será o establecido nas resolucións de apertura da dirección xeral competente en materia de función pública.