Sectores

UGT solicita á Consellería de Sanidade datos para poder negociar a OPE da Lei 17


UGT SOLITA Á CONSELLERÍA DE SANIDADE DATOS PARA PODER NEGOCIAR A OPE DA LEI 17

O pasado día 21 de xullo, a Consellería de Sanidade remitiu o borrador de Resolución, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro). Indicouse a apertura do prazo para a realización de alegacións, ao borrador, ata o día 20 de agosto.

 

Ante este borrador, UGT Servizos Públicos ven de presentar solicitude de aclaración e concreción de adecuación ás normas derivadas dos Acordos, tanto Estatal como Autonómico, asinados por UGT.

Procede polo tanto que con carácter previo á presentación de alegacións ao documento remitido, a Consellería dea resposta ás seguintes consideracións:

  • Que como consecuencia do Acordo de mellora do emprego público estatal asinado o 29 de marzo de 2017, entre o Ministerio de Hacienda e Función Pública e as Organizacións Sindicais UGT, CCOO e CSIF, deu lugar a que as Leis de Orzamentos do Estado contemplasen os chamados procesos de consolidación e estabilización do emprego público.
  • En Galicia, o Acordo de Concertación do Emprego Público, asindo polo Goberno da Comunidade Autónoma e as Organizacións Sindicais UGT e CCOO, plasmou a concreción do Acordo Estatal na nosa Comunidade Autónoma, dando lugar a Ofertas de Emprego con determinadas especificidades de simplificación de procedementos e temarios, desenvoltas a través das convocatorias realizadas nos anos 2018, 2019 e 2020.
  • Parece lóxico que con carácter previo á negociación do documento remitido, a Consellería de Sanidade, proceda á determinación e alcance das medidas previstas no Acordo de Concertación, en atención a facilitar ás Organizacións Sindicais o número de prazas, por corpo, escala, especialidade e clase que se verán incluídas no ámbito do alcance da norma de referencia.
  • A priori e sen entrar á realización de ningún tipo de alegación sobre o documento remitido, debemos indicar que este non segue os parámetros dos distintos procesos negociados no ámbito da Dirección Xeral da Función Pública, no respecto a número de exames e temarios.

 

Por elo UGT solicitou á Consellería que:

  • Se proceda a facilitar o número de prazas obxecto dos procesos, en atención a determinar o número de persoas interinas por corpo, escala e clase que ocupan as mesmas e coa indicación do tempo de servizos das mesmas, ao obxecto de coñecer si se está a proceder á convocatoria de todas as posibles afectadas polas quendas correspondentes, consolidación, estabilización e libre.
  • Se estime esta razoada solicitude, e se proceda a reenviar para alegacións unhas bases de convocatoria adecuadas aos parámetros seguidos pola Dirección Xeral da Función Pública nas Ofertas de Emprego Público de conformidade co Acordo de Concertación do Emprego Público de Galicia.

Solicitude_informacion_ope_lei_17_29_07_2021_(1).pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.