Sectores

Nota conxunta: Verdades e Argumentos da sentenza que CIG non conta


 VERDADES E ARGUMENTOS DA SENTENZA QUE CIG NON CONTA:

A CIG ven de facer pública unha nota informativa na que, ademais de insultar aos sindicatos CCOO e UGT polo mero feito de elixir unha opción distinta a eles, veñen a dicir que aínda que se anulou a carreira profesional polo TSXG, non pasa nada e todo vai seguir igual. Ata semella que pedisen desculpas por ter gañado esta demanda nos termos en que se ditou.

Para iso aderezan a súa nota cunha ampla gama de argumentos xurídicos (que non sindicais) na que tratan de xustificar que o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anula a carreira profesional, regulada na Sección 2ª do Acordo de Concertación de emprego público asinado por UGT e CCOO, non vai ter ningunha repercusión para os que a viñesen cobrando. Se isto é así para que presentaron a demanda? En latín: “excusatio non petita, acusatio manifesta”. En galego: tirar a pedra e esconder a man.

Se a cousa é tan clara e evidente. Se é como di a CIG que non vai pasar nada. A que ven tanto argumento e tanta explicación. Cando unha cousa é moi clara, enseguida entra polos ollos; non fai falta tanto adorno nin tanta parafernalia, nin tanta retahila de consideracións xurídicas.

Pero semella que “a cousa” só  esta clara para CIG. O resto de traballadores e traballadoras desta Administración teñen serías dúbidas e máis que preocupación polo que pode acontecer a futuro sobre este tema.

Nin CCOO nin UGT imos entrar na provocación das descualificacións (non todos somos iguais), pero o que non imos consentir é que se trate de enganar a todo o persoal desta Administración. Para iso contrastamos a continuación os argumentos da CIG cos propios de UGT e CCOO e máis coa literalidade da sentenza:

1º Argumento

CIG: a sentenza anula un “acordo sindical” non anula a “Orde pola que foi convocado o grao extraordinario”.

SENTENZA: “Lo expuesto determina la estimación del recurso interpuesto (…) toda vez que procede como solicita la parte recurrente declarar la nulidad de la Sección 2ª (sistema de carrera profesional) de la Orden impugnada, y la nulidad de aquellos otros artículos instrumentales y aplicativos de la misma Orden dirigidos a desarrollar lo dispuesto en la Sección 2ª del Acuerdo de Concertación (entre estes artigos están o que regula o sistema excepcional e transitorio dos graos I e II que, en consecuencia, debe tamén entenderse anulados xa que desenvolven a carreira profesional extraordinaria).

2º Argumento

CIG: O dereito á carreira (derivado do EBEP e da LEPG) non hai resolución xudicial que poida derroga-lo porque é un dereito de configuración legal.

UGT/CCOO: tamén o dereito á vivenda digna é de configuración legal – constitucional pero un non pode invocar ese dereito para que lle dean unha casa. O que queremos dicir é que non basta con que un dereito estea recoñecido nunha norma para poder exercitalo. Hai que negociar sindical ou politicamente a aplicación dese dereito e desenvolvelo normativamente para que teña eficacia sobre todos. Precisamente o que a CIG non

quixo facer na negociación do Acordo de Concertación. É moito máis fácil dicir non a todo, quedarse mirando os toros desde a barreira, non comprometerse a nada para logo criticalo todo. Non, non somos iguais.

3º  Argumento

CIG: citan na súa nota o artigo 73 da Lei da Xurisdición Contencioso-Administrativa: as sentenzas que anulen un precepto ou unha disposición xeral non han afectar, por si mesmas, á eficacia das sentenzas individuais ou actos administrativos firmes que o aplicasen.

SENTENZA: oh, pero esquecen citar o artigo 72 da mesma norma (que o propio TSXG) inclúe no fallo que di que “la anulación de una disposición o acto producirá efectos para todas las personas afectadas. Las sentencias firmes que anulen una disposición general tendrán efectos generales desde el día en que sea publicado su fallo y preceptos anulados en el mismo periódico oficial en lo hubiera sido la disposición anulada

En resumo e como mal menor, se cadra, non hai que devolver os cartos pero si que existe o risco real de deixar de cobrar desde que a sentenza sexa firme. Pero que a CIG siga coas súas “aventuras xudiciais” que xa outros nos preocuparemos de buscar solucións aos problemas.

4º Argumento

CIG: a Orde do grao extraordinario de carreira constitúe un eventual acto de aplicación do “Acordo de Concertación”, xa que a Orde do grao extraordinario é un acto de aplicación do dereito á carreira profesional (do EBEP), non do Acordo de Concertación

CCOO/UGT: o grao extraordinario de carreira, como di a CIG, está expresamente contemplado e recollido no punto quinto da Sección 2ª do Acordo de Concertación (o EBEP regula a carreira horizontal e vertical, pero non establece ningún modelo de carreira extraordinaria ou excepcional) onde se di textualmente que No primeiro trimestre de 2019 tramitarase un sistema excepcional e transitorio de solicitude de encadramento para o acceso, por unha soa vez, de maneira directa ao grao I, e de maneira anticipada ao grao II

Un aspecto positivo ten a nota da CIG. Polo menos recoñecen que UGT e CCOO intentaron incluír ao persoal interino no sistema de carreira. Pena que non digan que na votación levada a cabo na Comisión de Persoal do 23 de xullo de 2019 para conseguilo, eles xunto con CSIF, votaron en contra desa inclusión.

En definitiva, prudencia, cautela e buscar solucións é o que faremos desde CCOO e UGT para que todos sigamos cobrando a carreira e para que os que estaban esperando (persoal fixo e temporal) se incorporen a ela. Máis, non podemos deixar de poñer en evidencia a incoherencia da CIG que, primeiro, recorre a carreira profesional “da vergoña” (como eles din) e agora parece querer converterse no seu principal defensor.

«SE PUEDE ENGAÑAR A TODO EL MUNDO ALGÚN TIEMPO. SE PUEDE ENGAÑAR A ALGUNOS TODO EL TIEMPO. PERO NO SE PUEDE ENGAÑAR A TODO EL MUNDO TODO EL TIEMPO». A. LINCOLN

Nota_conxunta_sentenza_CIG_argumentos_27_07_21.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.