Vén de publicarse a resolución de 27 de xullo de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se adxudican provisionalmente os destinos provisionais para o próximo curso académico 2021/22 ao persoal do corpo de mestres que non teña destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia.
O prazo para formular reclamacións ou renuncias contra esta resolución vai dende hoxe, 28 de xullo, ao 29 de xullo de 2021, ambos incluídos.
As reclamacións formularanse por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mentres que as renuncias se realizarán a través de http://edu.xunta.es/cadp e non resultará necesaria a súa presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia.