Publicada, hoxe en DOG, a Resolución do 13 de xullo de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia dos seguintes grupos e categorías:
- Grupo I, categorías:
- 2 (médico e outras)
- 6 (titulado/a superior psicólogo/a)
- 11 (titulado/a superior pedagogo/a)
- Grupo II, categorías:
- 2 (ATS e outras)
- 6 (educador/a. Profesor/a especial)
- 11 (fisioterapeuta)
- 17 (asistente social)
- 20 (terapeuta ocupacional)
- Grupo III, categoría
- 50 (técnico/a especialista en xardín de infancia)
- Grupo IV, categoría
- 3 (auxiliar de clínica e outras).
As listas poderán consultarse:
- http://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_li05/li05_principal.jsp
- No Servizo de Atención e Información á Cidadanía, a través do teléfono 012
- Nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía da Xunta de Galicia.
Incluirán a seguinte información:
- Solicitantes admitidos/as na lista con indicación da puntuación resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.
Solicitantes excluídos/as con expresión da causa de exclusión.
ENTRARÁN EN VIGOR A PARTIR DO DÍA SEGUINTE AO DA PUBLICACIÓN DESTA RESOLUCIÓN NO DOG
Solicitude de devolución de taxas:
- As persoas solicitantes excluídas disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG
Informa_t_publicacion_actualizacion_determinadas_categorias_20_07_21_(2).pdf