Publicada hoxe en DOG a Resolución do 13 de xullo de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes admitidas no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 25 de novembro de 2019.
As puntuacións provisionais das persoas concursantes admitidas, para cada un dos postos solicitados, no portal web corporativo da Dirección Xeral da Función Pública:
Xeración de solicitudes de concursos de traslados
Prazo de reclamacións:10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da Resolución no DOG.
– Formulario de reclamación:
o Estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Dirección Xeral da Función Pública
o Deberá cubrirse e presentarse electronicamente segundo o establecido na base II da convocatoria (Tramitación electrónica).
o Deberá especificar a epígrafe ou epígrafes da base V sobre as que se reclama, con indicación expresa daqueles méritos que se consideran erroneamente puntuados e a causa concreta obxecto de reclamación.