Sectores

Resolución definitiva do concurso dos docentes de relixión.


Xa contamos coa resolución definitiva do concurso de docentes de relixión.

A toma de posesión dos destinos obtidos neste concurso, tanto para os docentes de relixión en primaria como para os de secundaria, terá efectos do 1 de setembro de 2021 e cesarán no seu destino de procedencia o 31 de agosto dese ano.

Contra esta resolución cabe formular un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes ou directamente un recurso contencioso administrativo, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Como sempre, se tes algunha dúbida, atendémoste.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.