Sectores

Resolución Tribunal enfermaría


 

Resolución Tribunal enfermaría:

  • Anulación preguntas
  • Puntuacións
  • Alegacións ás puntuacións
  • Prazo de documentación galego

 

Publícase hoxe en DOG a Resolución do tribunal da escala de servizos sociais, especialidade enfermaría, subgrupo A2, pola que se dá publicidade de diversos acordos:

  • Anular as preguntas número 63, 66, 73, 82, 106 do primeiro exercicio deste proceso selectivo realizado o 14 de marzo de 2021. Estas preguntas son substituídas polas preguntas de reserva número 154, 155, 156 e 157. A pregunta 147 xa foi anulada e substituída durante a realización do exame, pola pregunta 158, ao detectarse un erro nas respostas posibles.
  • As puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo facultativo de grao medio, escala servizos sociais, especialidade enfermaría, subgrupo A2.

A relación das persoas aspirantes presentadas que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria e nos criterios de corrección acordados polo tribunal.

 

Prazo de alegacións: De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no DOG.

Prazo de presentación de CELGA4 ou equivalente: As persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

 

Anuncio no Diario Oficial de Galicia

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.