Sectores

Publicación en DOG de nomeamento diversas categorías Bombeiros/as forestais dos procesos de promoción interna.


Publicase hoxe en DOG, unha vez finalizados os procesos selectivos para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, as Resolucións que conteñen os nomeamentos correspondentes aos procesos.

Nomease persoal laboral fixo nas categorías indicadas, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan nos anexos das Resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudícaselles como destinos provisionais os que figuran no mesmo anexo.

As persoas nomeadas persoal laboral fixo da Xunta de Galicia e adxudicatarias provisionais dos postos de traballo relacionados no anexo disporán do prazo dun mes para tomaren posesión dos seus destinos, de conformidade co disposto no artigo 13 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día 1 de outubro de 2021.

Enlaces ás Resolucións:

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.