Nesta reunión de traballo houbo un compromiso mutuo para crear iniciativas ao redor dos temas que afectan á loita de «Sapadores Florestais» de Portugal e Bombeiros Forestais de Galicia, co fin de impulsar a nosa loita a nivel internacional xunto con outros compañeiros de Francia, Italia e Grecia.
A Solidariedade Internacional entre traballadores é, para o SNPC, unha forma de conciliar unha maior aprendizaxe con outros modelos de xestión de recursos, así como empoderar aos nosos traballadores con outras ferramentas que axuden na loita por cumprir coas nosas demandas.
A nosa loita é polos traballadores e as súas aspiracións profesionais, xa sexa a nivel Nacional ou Internacional.