Como parte dos servizos exclusivos que ofrecemos cada ano á afiliación, dende UGT Servizos Públicos realizaremos o seguimento das solicitudes de licenzas por formación ou comisións de prazas en CFRs. CAFI, sometidas a convenio, postos de escolarización, ou de atención preferente.
En caso de erro manifesto, falta de aportación de documentos ou calquera outra problemática, contaredes con todo o noso apoio para solventar a incidencia.
Se solictastes unha licenza por formación ou algunha comisión das citadas e estades interesad@s en que sigamos de cerca a tramitación, debedes completar os formularios que vos achegarán os vosos liberados de zona.