Publicase hoxe en DOG a Orde que regula o procedemento para o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de determinadas categorías profesionais que superou os procesos de funcionarización convocados polas resolucións do 7 de febreiro de 2020.
A orde que regula varios aspectos derivados do cambio do vínculo xurídico coa Administración.
As categorías profesionais ligadas a estes centros de Política Social serán obxecto dunha orde posterior.
Os corpos do ámbito da Orde son:
- Subgrupo A1 (categorías e postos pertencentes ao grupo I).
- Subgrupo A2 (categorías e postos pertencentes ao grupo II).
- Subgrupo C1 e grupo B (categorías e postos pertencentes ao grupo III).
- Subgrupo C2 (categorías e postos pertencentes ao grupo IV).
- Escala de persoal subalterno da agrupación profesional de persoal funcionario, do persoal laboral fixo da categoría 003 do grupo V (ordenanza, celador/a, vixilante de oficinas…) pertencente ao grupo V.
Ao longo da mañá de onte as Xefaturas Territoriais recibiron os documentos de acordo de extinción do contrato de traballo como persoal laboral fixo derivado da adquisición da condición de persoal funcionario de carreira logo da superación dos procesos de funcionarización, de Administración Xeral
A extinción do contrato está condicionada á toma de posesión efectiva, que se poderá realizar a partir do o vindeiro día 1 de xullo.
O persoal conservará as excedencias noutras categorías profesionais.
A sinatura pódese facer telemática ou presencialmente.
As persoas que se inclúen no Anexo II recibiredes chamada e/ou correo electrónico para realizar o trámite.
Se non te chamaron ou non tes @ sobre isto, ponte en contacto coa túa Habilitación de Persoal, ou co teu delegado/a de UGT.
Enlace á publicación:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210630/AnuncioG0597-240621-0005_gl.pdf