Publicada hoxe a Resolución que contén a aprobación da modificación da RPT da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo do persoal laboral da Xunta de Galicia.
A RPT RECOLLE:
- Os postos do persoal laboral fixo que superou os procesos de funcionarización correspondentes,
- Os postos de persoal laboral tamén a obxecto de funcionarización que:
- Non superou o proceso e manteñen a ocupación como persoal laboral fixo.
- Os do persoal laboral temporal e indefinido non fixo continuará desempeñando as súas funcións nos postos que viñan ocupando, nas mesmas condicións e situación, ata que se leve a cabo o establecido na D.Tª bis da Lei 2/2015 (LEPG) logo do remate dos procesos de funcionarización que se convoquen ao abeiro das ofertas de emprego dos anos 2018, 2019, 2020 e 2021.
Para a determinación dos postos susceptibles de seren clasificados como de persoal funcionario tívose en conta o artigo 6 do Decreto 165/2019, que establece o seguinte:
- Clasificaranse como de persoal funcionario os postos de traballo definidos actualmente nas respectivas RPT como de adscrición de persoal laboral dalgunha das categorías recollidas no anexo desta norma.
- A clasificación como de persoal funcionario realizarase no corpo, na escala ou na especialidade previstos como equivalente no mencionado anexo.
- O disposto na Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública do 10.3.2021 pola que se modifica o anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, que establece a equivalencia entre as correspondentes categorías profesionais do persoal laboral e as correspondentes escalas do persoal funcionario.
A toma de posesión como persoal funcionario de carreira, que implicará o cambio do seu vínculo xurídico coa Administración, figura prevista para o 1 de xullo de 2021, por iso e co fin de que se cumpran os trámites oportunos, en canto á expedición das dilixencias de cesamento correspondentes, esta RPT entrará en vigor o 25 de xuño de 2021.
Enlace á publicación:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210625/AnuncioG0597-210621-0004_gl.pdf