Na intranet publicouse a seguinte entrada:
RESOLUCIÓN do Director Xeral de Xustiza do 22/06/2021, pola que se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.
Órgano xudicial da desocupación: | Xdo. do Social n. 4 A Coruña | ||
Motivo da desocupación: | Vacante | Corpo: | CXPA |
Órgano xudicial da desocupación: | Xdo. de Paz Monterroso | ||
Motivo da desocupación: | Vacante | Corpo: | CXPA |
Órgano xudicial da desocupación: | Xdo. de Paz Ribadeo | ||
Motivo da desocupación: | Licenza por enfermidade | Corpo: | CXPA |
Órgano xudicial da desocupación: | Xdo. 1ª Instancia n. 1 Vigo | ||
Motivo da desocupación: | Vacante | Corpo: | CXPA |
Órgano xudicial da desocupación: | Xdo. 1ª Instancia n. 1 Vigo | ||
Motivo da desocupación: | Vacante | Corpo: | CTPA |
SOLICITUDES
1. Mentres non se habilite a opción de solicitude a través da OPAX, as peticións deberán ser cubertas conforme ao anexo II bis (solicitude de substitución entre titulares), dispoñible na intranet de xustiza.
2. As solicitudes deberán ser presentadas por correo electrónico, ao enderezo servicio.persoal.xustiza@xunta.gal»;»>servicio.persoal.xustiza@xunta.gal, ou ao fax 981 546 222. Non se admitirán as solicitudes que se reciban por outro medio. A proba de entrega será o acuse de recibo do fax ou correo electrónico enviado.
3. Non deberá achegarse documentación coa petición, xa que de ser precisa será requirida pola Dirección Xeral.
4. O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles dende a publicación da presente resolución (23, 24 e 25 de xuño de 2021).
Preme aqui para descargar o anexo II Bis.