Sectores

Convocatoria OPE finanzas


 

  • OPE 2019:
    • PROMOCIÓN INTERNA A1
  • OPE 2018-2019:
    • ACCESO LIBRE + INTERNA A1
    • ACCESO LIBRE + INTERNA A2

Publicadas hoxe en DOG as Resolucións de convocatoria dos procesos selectivos correspondentes ás OPEs 2018 e 2019 das escalas de Finanzas, A1 e A2, que podes consultar nos enlaces;

  • Acceso libre e de promoción interna, subgrupo A1, escala superior de finanzas.
    • Prazas: 9, correspondentes ás OPEs 2018 e 2019, segundo se detalla:
      • OPE 2018: 5 prazas de acceso libre.
      • OPE 2019: 1 praza de acceso libre e 3 prazas do proceso de estabilización.
    • Resérvase 1 praza para ser cuberta pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.
    • Sistema selectivo: concurso-oposición e irá seguido dun período de prácticas

 Acceso libre e promoción interna, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

    • Prazas: 26, correspondentes á OPE 2019, á que se acumulan as provenientes da oferta de 2018, segundo se detalla:
      • OPE 2018: 5 prazas de acceso libre e 13 de estabilización, das cales 1 está reservada á quenda de persoas con discapacidade.
      • OPE 2019: 8 do proceso de estabilización, das cales 1 está reservada á quenda de persoas con discapacidade.
    • Resérvanse 6 prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.
    • Sistema selectivo: concurso-oposición e irá seguido dun período de prácticas.

Prazo de solicitudes: 20 días hábiles, a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.