Sectores

UGT-Servizos Públicos entrega o segundo premio de Innovación educativa ao IES O Ribeiro

Os profesores coordinadores Verónica Antúnez González e José Antonio Sarmiento Campos reciben o premio de Innovación educativa de Escola Viva.

 

Dende o Se2º premio de Innovación educativa ao IES O Ribeiroctor de Ensino da UGT-Servizos Públicos de Galicia, acabamos de entregar o 2º premio de Innovación Educativa convocados por Escola Viva, ao IES O Ribeiro de Ribadavia (Edificio Abrente, Sampaio).

O premio, consistente nun diploma acreditativo e unha dotación económica de 800 €, recoñece o valor innovador dun proxecto interdisciplinar e integrador de alumnos de educación especial nunha experiencia de escolarización combinada en centros ordinarios.

A inclusión de alumnos de educación especial en centros ordinarios sempre foi unha reivindicación da UGT nos foros institucionais nos que participa. Defendemos a inclusión como valor de convivencia, para todo o alumnado, para todo o profesorado e para toda a sociedade. A inclusión beneficia a todos.

Pero a inclusión non ten o camiño feito; cada neno, cada nena de E.E. ten unhas circunstancias propias, require, como ben se di na xustificación do proxecto, “centrarse na vida do alumno, onde organización, sistema, estrutura e normativa estean ó servizo da persoa con discapacidade; en vez de que fora a persoa con discapacidade a que tivera que adaptarse ó sistema”

O Sector de Ensino de UGT – Servizos Públicos de  Galicia leva dende o curso 2003/2004  participando  nestes premios, aos que se poden presentar profesores de Educación Infantil e Primaria, Educación Secundaria, Ensinanzas Artísticas e de Réxime especial e Formación Profesional de centros públicos e concertados, teñen como obxectivo recoñecer o labor daqueles docentes que levan a cabo experiencias didácticas innovadoras nos seus centros, co fin de mellorar a formación do seu alumnado.

En todas as convocatorias houbo unha  importante participación, unha media de 50 a 70 proxectos. Sempre estiveron representadas as 4 provincias e queremos destacar o esforzo do profesorado por innovar e por presentar novidosos e interesantes proxectos nos que o máis beneficiado é sempre o  alumnado.

Dentro das bases está recollido que, xunto cos 1º e 2º premio,  dotados cunha determinada cantidade económica , o xurado ( composto por docentes con experiencia contrastada no eido da innovación educativa) pode outorgar mencións honoríficas. 

No curso 2019-2020 os traballos presentados foron 52 e os premiados foron os seguintes:

1º  premio: “PATRIMONIANDO no IES de Ponte Caldelas”, das profesoras Isabel Torres Jack, Susana Trigo Arcos e Sabela Otero Gago.

2º premio:   “TRANSFORMAR PARA INCLUÍR NA FP BÁSICA DE INDUSTRIAS ALIMENTARIAS” do IES O Ribeiro de Ribadavia, dos profesores coordinadores Verónica Antúnez González e José Antonio Sarmiento Campos.

1ª  Mención Honorífica:  «A HUMANIZACIÓN EDUCATIVA DA ESCOLA HOSPITALARIA E DOS ESPAZOS DE ATENCIÓN Á INFANCIA HOSPITALARIA» da profesora Pilar Porta Rodríguez, da Aula hospitalaria Arquitecto Marcide (CHUF-Ferrol).

2ª  Mención:  «CIDADE VERDE» do IES Ramón Mª Aller Ulloa de Lalín.

Premios_de_Innovación_Educativa_de_Escola_Viva.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.