UGT reclama que a contratación de persoal de todas as brigadas helitransportadas do Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF) se faga dentro da estrutura propia do Servizo, acabando deste xeito coa práctica de privatizar o servizo público da Consellería do Medio Rural.
UGT non entende que as brigadas helitransportadas do operativo de incendios sexan contratadas ao marxe do servizo público. As brigadas helitransportadas son un recurso fundamental pola súa rapidez de despregue a calquera parte do territorio, a súa efectividade na extinción, grazas a actuación do binomio brigada-helicóptero e o seu persoal altamente especializado, deben formar parte dos medios propios da Consellería do Medio Rural.
O persoal externo parte cunhas condicións de traballo máis precarias, tanto no material como na formación. A experiencia nas labores de extinción é fundamental e, polo que se ven demostrando ano tras ano para que este persoal non poida xerar dereitos laborais, renovase constantemente, o que vai en contra do propio operativo. O mesmo acontece cos EPI´s de traballo, de calidades moi por debaixo das que se poden atopar no operativo do SPIF. Asemade a formación e experiencia constitúen os pilares básicos dun persoal que case sempre se vai a atopar nas situacións máis complicadas.
Outro feito que UGT non pode entender de ningún xeito é que haxa brigadas helitransportadas privadas operando de xeito externo co SPIF, namentres as propias do SPIF non contan co seu medio de traballo fundamental dispoñible para traballar, o helicóptero.
Por estas razón, UGT solicita á Consellería do Medio Rural, que se dean os pasos necesarios para que todas as brigadas helitransportadas que operen dentro do SPIF sexan propias do operativo e que si hai algún helicóptero operando en extinción, a brigada que teña asignada para traballar sexa propia do SPIF