O pasado sábado 12 de xuño, as rúas de Compostela enchéronse do mellor exemplo de democracia activa en defensa da universidade pública.
UGT Servizos públicos, como membro da Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública, participou activamente na visibilización dunha mensaxe que xa calou na sociedade: necesitamos unha universidade pública e de calidade.
Nestes tempos, nos que máis que nunca, o ensino superior e a investigación se revelaron como garantes da nosa sociedade, non podemos permanecer alleos á súa mercantilización.
Velaquí algúns momentos da manifestación: