A Mesa Xeral estatal negocia sobre materias de regulación básica e debe habilitar e debería obrigar a negociación a nivel de Xunta, concellos e deputacións, e sanidade e ensino.
UGT avoga por consensos amplos na Mesa estatal a altura da complexidade do problema a tratar xa que o actual Acordo de emprego CCOO, CSIF E e UGT vence o 31 de decembro de 2021.
Santiago de Compostela a 10 de xuño de 2021.- UGT demanda que na negociación na Mesa xeral estatal de empregadas e empregados públicos o Ministerio presente unha proposta inicial que englobe todas as materias que afectan a estabilidade e a taxa de reposición.
Recentemente fíxose público un documento borrador ao respecto da modificación do artigo 10 do EBEP que regula a figura do persoal funcionario interino que é unha proposta aportada para a súa análise pola Comisión de Coordinación de Emprego Público na que participan representantes do Ministerio de política territorial e función pública das Comunidades autónomas, polo que entendemos non é válida como proposta de negociación, non contempla medidas para completar os procesos de estabilidade e non soluciona o problema a tratar, introducindo outros novos, ao noso xuízo.
UGT entende que esta negociación estatal require dun alcance de materias que aporte solucións a estabilidade real nun marco de seguridade xurídica para ser eficaz, que derrogue a taxa, que contemple os dereitos de promoción interna sen consumir taxa e mobilidade do persoal fixo.
O actual Acordo de emprego vence o 31 de decembro de 2021, e polo tanto cumpre un novo Acordo reforzado para alcanzar os obxectivos de estabilidade, unha vez superados os atrancos da pandemia que determinaron a prórroga dun ano e as inaccións dalgunhas administracións, e que debe sustentarse sobre un amplo consenso a altura da complexidade da materia da que se trata, xa responsabilidades políticas alcanzan a todos os partidos.
UGT avoga por un consenso amplo das organizacións sindicais más representativas na Mesa estatal xa que a complexidade do emprego público o require, non se pode emprazar as Administracións a regular unha solución e situarse fora dos marcos de traballo e negociación e procura de consenso para alcanzar dito obxectivo, na busca de rendibilidades sindicais pouco defendibles.