Funcionarización prazas de corpos xerais. Efectos
A partir do 1 de xullo, está prevista a publicación dunha Orde que habilitara o nomeamento como persoal funcionario de carreira ao persoal laboral fixo que superou dito proceso. Previamente modificarase a RPT coa equivalencia dos postos de persoal laboral que pasaran a postos de persoal funcionario.
Este proceso comezará polo los postos da ADMINISTRACIÓN XERAL.
Garantías recollidas no acordo de concertación
- A principal garantía do proceso de funcionarización é que non suporá perda retributiva.
- Haberá un incremento adicional “liquido a percibir”, na nómina superior ao 2%, polas contías que se descontaban para a cotización por desemprego e outros axustes.
- Consolidase como persoal funcionario o recoñecemento do grao I da carreira profesional.
- Aplicarase un complemento de funcionarización por antigüidade cando os trienios recoñecidos como persoal laboral foran dunha contía superior a resultante dos trienios de persoal funcionario, e a diferenza se aboará en 14 pagas nun complemento non absorbible.
- O primeiro trienio, que se perfeccione despois da funcionarización será recoñecido coa contía que máis lles beneficie.
- Os complementos de carácter persoal recoñecidos (axuda do fondo de acción social ou outras axudas do V Convenio) os seguirán percibindo, así como o pago da nocturnidade, aos que sigan realizando noites.
- O persoal que non superou ou non participou voluntariamente no proceso de funcionarización, continuará no seu posto de traballo ata o momento no que deixe de prestar servizos, conservando os seus dereitos como persoal laboral fixo.
- O persoal laboral temporal figurará na RPT coa observación de posto ocupado por persoal laboral, e cando cese, este se ocupará por persoal funcionario interino.
- O persoal que solicitou o grao I de carreira e non se apuntou ou non se presentou a proba sen xustificación ou non superou o proceso de funcionarización, deixará de percibir o pago do grao I da carreira, dende o 1 de xullo.
Pouco a pouco se vai constatando que o recollido no acordo se vai facendo realidade e coas máximas garantías para o persoal afectado, e así seguirá sendo no resto do desenvolvemento do acordo de concertación. Solo é cuestión de tempo que aqueles que se opuxeron, se opoñen e que seguirán opoñéndose, sexan desenmascarados.