UGT Servizos Públicos solicitou a Función Pública a apertura inmediata dun novo prazo de solicitude, que de xeito voluntario e opcional, permita ás persoas solicitantes optar a todas as prazas obxecto de xubilación e outras circunstancias, que deben de ser ofertadas e ocupadas mediante este procedemento de provisión de postos de traballo vacantes da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
Apelamos ao dereito das persoas a participar nos procesos selectivos deseñados para a consolidación e estabilización de prazas, e solicitamos a súa celebración o máis axiña posible, e o establecemento dun sistema que conxugue, sen entorpecer, os dereitos subxectivos do colectivo mencionado cos das persoas admitidas no concurso ordinario.
En novembro de 2019 publicouse a Resolución de convocatoria do concurso ordinario da Administración Xeral, é de considerar a larga interrupción que sobre o procedemento en marcha, se produce por mor da situación xerada polo estado de alarma, como consecuencia da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.
O tempo transcorrido dende a convocatoria do concurso no que figuran as prazas ofertadas nos buzóns de postos, é excesivo e inaceptable, e está supoñendo que este procedemento chegue aos dous anos de duración.
Segundo establece o artigo 89.2 da Lei 2/2015,de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia, “os concursos para a provisión de postos de traballo poden convocarse para a xeneralidade dos postos de traballo vacantes, para postos de traballo dun determinado ámbito ou para postos de traballo concretos, en atención ás necesidades do servizo”, e neste caso o retraso acumulado, altera significativamente a concreción da xeneralidade dos postos concretada nos buzóns ofertados, xa que dende o inicio do procedemento producíronse multitude de vacantes por xubilacións e outras circunstancias, non incluídas nos referidos buzóns, e que son obxecto, en moitos casos, de ocupación mediante comisións de servizos, polo que se produce menoscabo dos dereitos do persoal da Administración Pública Autonómica,
A situación sanitaria comentada e a necesidade da realización con carácter previo dos procesos selectivos que afectan a prazas de estabilización de emprego temporal, consonte ao establecido no Acordo de concertación do emprego público, xustifica a interrupción de prazos, pero en ningún caso impide a adopción de medidas que garantan os dereitos das persoas admitidas no proceso, permitindo corrixir ou paliar as consecuencias de ditas suspensións.