Sectores

Nota de prensa: Xuntanza Comisión seguimiento do acordo de concertación


 

A CIG PROPÓN E FACENDA CONXELA

A CARREIRA PROFESIONAL DO PERSOAL DA XUNTA DE GALICIA

 

O día 28 de maio de 2021 tivo lugar unha xuntanza extraordinaria da Comisión de Seguimento do Acordo de Concertación no emprego público de Galicia, a petición de CCOO e UGT, sindicatos asinantes do Acordo. O motivo da petición de xuntanza era esixir á Administración, dunha vez por todas, un pronunciamento definitivo sobre a apertura do 2º Grao de carreira profesional extraordinaria despois de máis de 5 meses de retraso.

A resposta foi clara, Función Pública non está en condicións de poder abrir o prazo, por indisposición de fondos económicos suficientes diante da posible petición de execución de sentenza por parte da CIG e o seu incerto alcance económico, para continuar co pago do 2º grado extraordinario ao persoal funcionario de carreira, ao laboral fixo, e a apertura do dereito ao persoal que non cumpría requisitos en 2019 e estaban á espera de apertura de prazo para solicitalo.

UGT e CCOO culpabilizan directamente á CIG e á Consellería de Facenda de bloquear e deixar sen o complemento de carreira a máis de dez mil empregados da Xunta de Galicia.

No caso da CIG (xunto coa CSIF) tivo a posibilidade de votar a favor de que se lle pagase a carreira a interinos e temporais na Comisión de Persoal do 23 de xullo de 2019 e non o fixo, preferindo arriscalo todo a unha demanda que, agora se demostra, bloquea que o persoal desta Administración siga cobrando a carreira profesional suspendendo de facto dereitos que outros foron quen de acordar e poñer en marcha.

E polo que respecta a Conselleira de Facenda porque non cumpriu o aprobado nesa Comisión de Persoal, retrasando inxustificadamente a extensión do dereito á carreira ao persoal interino e temporal, e agora usando a escusa da sentenza na que ampararse para alegar unha presunta insuficiencia económica. Parécenos unha falta de previsión inaceptable e ademais un engano e unha afronta a todo o persoal afectado porque a Administración xa sabía daquela que tiña que pagar a carreira ao persoal interino e temporal e ademais así o asumiu na citada Comisión de Persoal.

Para CCOO e UGT, resulta incomprensible que a CIG, coas súas accións xudiciais, poña en perigo a continuidade da carreira profesional do persoal funcionario de carreira e do persoal laboral fixo e moito máis, si temos en conta que o Consello da Xunta ven de aprobar novos graos de carreira profesional para o persoal do SERGAS, por valor de 20 millóns de euros (do cal nos congratulamos). Por tanto resulta un dobre agravio que CIG propoña e a Consellería de Facenda dispoña facer un tratamento desigual e inaceptable negando o esforzo económico para seguir pagando a carreira do seu propio persoal.

UGT e CCOO instan a Función Pública a que desbloquee a Orde de convocatoria, e resolva os atrancos que se están a producir na continuidade da carreira profesional na Xunta para garantir o cumprimento do Acordo de Concertación en todos os seus termos, tanto no primeiro acordo, como no segundo coa mellora e ampliación de dereitos que incorporaba, pois do contrario impulsaremos todas as medidas de presión e xurídicas que sexan necesarias

 

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.