O 19 de maio tivo lugar unha reunión da Comisión Permanente do Consello Galego da FP para informar da oferta da FP ordinaria e modular, transformación de tres IES en CIFP e do decreto de creación do Centro Galego de Innovación da FP.
-Sen apenas tempo para examinar a documentación remitida, participamos na Comisión Permanente do Consello Galego da FP onde se confirmou un empeoramento da oferta para o vindeiro curso transformando, en non poucos casos, a presenza de ciclos en ofertas modulares.
-Con respecto ó decreto polo que se transforman tres IES en CIFP.
1.IES UNIVERSIDADE LABORAL (Culleredo). No presente curso xa non ofertaba bacharelato.
2.IES LEIXA (Ferrol). O alumnado de Bacharelato trasládase ó IES CATABOIS.
3.IES FRAGAS DO EUME. O alumnado de ESO e Bacharelato trasládase ó IES BREAMO.
-Preocúpanos a situación do profesorado que poida quedar desprazado ó non entrar nas necesidades dos centros ós que quedará adscrito o alumnado. Comunicarase proximamente atendendo ó establecido no decreto 140/2006 que regula os criterios de perda de destino definitivo.
-Prevese unha nova convocatoria da Comisión para xuño. Informarase sobre a oferta da FP dual e cursos de especialización (máis coñecidos como Masters de FP) do vindeiro curso.