
Procesos selectivos, resolucións dos tribunais:
- Subgrupo a1 (libre e consolidación)
 - Ampliación de prazo 2º exercicio:
- Terapeuta ocupacional (consolidación)
 - Terapia ocupacional a2 (libre e interna)
 - Fisioterapia a2 (libre e interna)
 - Enfermaría a2 (libre e interna)
 
 
Publicadas hoxe en DOG as seguintes resolucións dos tribunais de oposicións:
Resolución do tribunal subgrupo A1:
- Feita a corrección en sesión do 27 de abril de 2021, acadaron a puntuación mínima de 15 puntos un total de 664 aspirantes no conxunto de todas as quendas.
 
Resolución do tribunal da categoría 004 do grupo I, titulado/a superior:
- Feita a corrección en sesión do 27 de abril de 2021, acadaron a puntuación mínima de 15 puntos un total de 52 aspirantes no conxunto de todas as quendas.
 
Disposicións comúns a ambas resolucións:
- Anular as preguntas número 60 e 69. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas 184 e 185.
 - Acórdase modificar o modelo de corrección de respostas na pregunta 159, sendo correcta a alternativa d).
 - Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións.
 - Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecido:
 
http://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_opo/opo_principal.jsp
- Os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de 10 días hábiles desde o seguinte ao da publicación desta resolución.
 - As persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de 10 días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou o equivalente
 
AMPLIACIÓN PRAZO REALIZACIÓN DO 2º EXERCICIO EN 20 DIAS HÁBILES.
- Consolidación categoría 020 do grupo II, terapeuta ocupacional.
 - Acceso libre e promoción interna A2:
 
								
                                                                      
                                                                      
                                                                      
                                                                      
                                                                      